García Teijeiro, Antonio 1952-

Lueiro de papel Antonio García Teijeiro ; ilustracións, Mª Antonia Pascual - 1ª ed. - Vigo Edicións Xerais de Galicia 1995 - 45 p. il. 19 cm - Merlín .

Vinte poemas co denominador común da lúa e catro homenaxes ás greguerías de Ramón Gómez de la Serna constitúen a materia poética desta obra.O primeiro poema dálle o nome ó libro: "Vinde pintar/ lúas/ de tódalas formas e cores/ neste lueiro de papel." Os lectores novos aprenderán que hai todas estas lúas: Lúa de papel, lúa nena, lúa prateada, lúa algareira, lúa branca, lúa cociñeira, lúa marela, lúa verde. E mais serán quen de ver que:A lúa é un xornal, a lúa é un espello.As augas novas do rio baixan ledas e repintadas pola lúa, a lúa está cociñando neboeiros na tixola, a lúa fala de paz coa choiva, coa brétema e mais co mar, a lúa acocha a miúdo tristuras de moita xente, a lúa esgaza a cotío as negras teas da noite, a lúa pasa a noite no mar ou na campía, a lúa ronca e dorme no mar.

3º-4º Primaria

8475079261


Ramón Gómez de la Serna


Poesía
Lúa

82-P

Coa tecnoloxía Koha