Graña, Bernardino
Rata linda de Compostela / Bernardino Graña - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2010 - [60] cm. : il. col. ; 19 cm. - (Merlín (Edicións Xerais de Galicia) .
Adaptación conto tradicional " la ratita presumida"
No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato. Con ela, vai á tenda e merca un fermoso lazo, que pon na cabeza. Como estaba no balcón, algúns animais que pasaban por alí viana e pedíanlle para casar con ela. O Can, o Burro, o Grilo e o Gato foran facéndolle a petición. A Rata acepta casar con Don Gato, pero este o único que quere é recuperar a moeda. Rata Linda consegue desfacerse de Don Gato, facendo que caia a un pozo e afogue nel. Despois disto, o Rato que volvera da súa viaxe tamén lle pide para casar. Rata Linda acepta, e os dous marchan xuntos “a Santiago de Compostela, por mirar a Catedral". Rata linda de Compostela está considerado como un dos contos versificados clásicos da literatura infantil galega.
4º-5º-6º Educación Infantil 1º-2º Primaria 3º-4º Primaria 5º-6º Primaria
9788497829564
poesía infantil
rato
gato
82-P