Dahl, Roald (1916-1990 )

Charlie e o grande ascensor de cristal / Roald Dahl ; ilustracións de Quentin Blake ; [traducción, Xosé M. Dasilva, Xosé M. Cuervo] - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2005 - 211 p. : il. br. e n. ; 19 cm - (Merlín ; 151) . - Merlín (Edicións Xerais de Galicia) .

Segunda entrega da serie protagonizada por Charlie e o señor Willy Wonka, personaxes creados por Roald Dahl, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta serie considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos, ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl. Nesta continuación de "Charlie e a fábrica de chocolate", Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección. De repente, por mor dun fallo técnico, as cousas comezan a ir mal: o aparello elévase máis e máis ata entrar na órbita terrestre. Charlie e os seus acompañantes enfrontaranse a múltiples perigos e aventuras divertidísimas, mesmo chegando a ter que defenderse de viciosos monstros do espazo.

8497822137


Viaxes espaciais--Novelas
Viajes espaciales --Novelas
Viaxes fantásticas--Novelas
Viajes fantásticos--Novelas
Relación neno-adulto--Novelas
Relación niño-adulto--Novelas


Aventuras
Aventuras
Aventuras
Ciencia ficción
Ciencia ficción

087.5

Coa tecnoloxía Koha