Miranda, Xosé

Pequena mitoloxía de Galicia / Xosé Miranda - 1ª - Vigo : Xerais de Galicia , 2001 - 106 p :il. cor. ; 26 cm

As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores dos castros, o rato que leva os dentes das crianzas, a noite de San Xoán, as bruxas, o lobishome, os biosbardos, a estadea, o home do saco ou as cidades asolagadas son algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» escrita por Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba. As súas páxinas introdúcente nun mundo máxico, entre lóstregos salvaxes e paxaros de bo e mal agoiro, para que consigas roubar o peite da moura, para que recollas os carbóns que se converten nun tesouro e para que aprendas a sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos antes de que Pedro Chosco che pouse o sono na almofada.

5º-6º Primaria

8483027054


Divulgación
Curiosidades
Mitoloxía galega

39

Coa tecnoloxía Koha